Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.
Traxectoria Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Desde os 19 anos vive en Madrid, pero sempre mantendo fortes lazos afectivos e culturais con Galicia. Doutorouse en 1971, con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro
Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán. Tamén realizou moitas análises de poesía e prosa contemporáneas.
Colabora en La Voz de Galicia desde 1990. Foi codirectora da colección Biblioteca de Escritoras de Editorial Castalia e dirixiu a colección Relatos de Editorial Edhasa e a colección Club de Clásicos de Ediciones SM.
Varias das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, polaco, portugués, catalán e chinés. A acción da maioría das súas novelas desenvólvese en Brétema, un lugar imaxinario de Galicia.
En 2017 foi escollida académica de honra da Real Academia Galega.
Obras En galego Narrativa miniatura|Unha árbore, un adeus, de , esta incluído na Biblioteca Galega 120. Contra morte e amor (1987). Xerais. 266 páxs. Trad. do castelán. O reloxio da torre (1988). Galaxia. 88 páxs. Unha árbore, un adeus (1988). Galaxia. 92 páxs. Foi traducida ao castelán. Chamábase Luís (1989). Xerais. 160 páxs. Ed. ePub. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao portugués. A man de neve (1992). Contos do Castromil. Tristes armas (1994). Xerais. 136 páxs. 30ª edición en 2019. Ed. ePub. Foi traducida ao portugués e ao inglés. Querida amiga (1995). Galaxia. 112 páxs. Foi traducida ao castelán. Ao pé do magnolio (2004). Galaxia. 216 páxs. Case perfecto (2007). Xerais. 296 páxs. Quen matou a Inmaculada de Silva? (2009). Xerais. 192 páxs. Trad. do castelán. O anxo de Eva (2013). Xerais. 352 páxs. Ed. ePub. O que queda de nós (2023). Vigo: Galaxia. 284 páxs. ISBN 978-84-9151-895-2. Reedición de Unha árbore, un adeus (1988) e Ao pé do magnolio (2004). Ensaio
Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?. Discurso lido no acto de recepción como académica de honra da RAG, 2017
Obras colectivas Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
En castelán
Narrativa
Cándida, otra vez (1979). Ámbito Literario. Novela. Gañadora do Premio Ámbito Literario. Al otro lado (1980). Magisterio Español S.A. Novela. Gañadora do Premio Novelas y Cuentos. La única libertad (1982). Cátedra. Novela. Contra muerte y amor (1985). Cátedra. Novela. Morir en sus brazos y otros cuentos (1989). Aguaclara. Relatos. El tiburón, el ángel y otros relatos (1991). Compañía Europea de Comunicaciones e Información. Relatos. Recóndita armonía (1994). Alfaguara. Novela. Dar la vida y el alma (1996). Alfaguara. Novela. Recuerda, cuerpo (1998). Alfaguara. Novela. La sombra del ángel (2000). Alfaguara. Novela Querida amiga (2001). Alfaguara. Novela. Solo pienso en ti (2006). H. KLICZKOWSKI. Novela. ¿Quién mató a Inmaculada de Silva? ( 2009). Novela Deseos (2011). Alfaguara. Novela. El abrazo (2015). Stella Maris. Novela El amor, la vida y mas allá (2017). Teófilo. Relatos La única mujer en el mundo (2019). Edhasa. Novela
Ensaio
La poesía de Rosalía de Castro (1974). Gredos. Rosalía de Castro y sus sombras (1976). Fundación Universitaria Española. Análisis de cinco comedias (1977). Castalia. Análisis de textos (Poesía y prosa españolas) (1977). Gredos. Rosalía de Castro (1986). Cátedra. El oficio de narrar (1989). Cátedra. Escritoras románticas españolas (1990). Fundación Banco Exterior. El personaje novelesco (1990). Cátedra. miniatura| Premios
1979: Premio Ámbito literario (novela). 1979: Premio Ramón Sijé (novela curta). 1980: Premio Novelas y cuentos (novela). 1982: Premio Hucha de oro (de contos). 1989: Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria por Chamábase Luís. 1992: Premio Fernández Latorre de xornalismo. 1996: Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria por Querida amiga. 1998: Medalla Castelao. 2012: Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por Deseos
2019: Premio Voz de Liberdade, outorgado polo PEN Club Galicia.
2021: premio Xosé Luís Alvite, que concede a Asociación de Periodistas de Galicia pola súa traxectoria.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Sitio web e artigos de Marina Mayoral .
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1942 Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega