Xan Manuel Carballa Alonso, nado en Vigo en 1960, é un xornalista galego.

Traxectoria Aínda que nado en Vigo en 1960 estudou maxisterio en Ourense. É autor dunha importante coleccións de fotografías do nacionalismo na Transición e ten catalogado un amplo arquivo de imaxes propias. Formou parte do grupo fundador do Obradoiro Galego de Audiovisuais. Comezou a colaborar como fotógrafo en A Nosa Terra a finais de 1977, incorporándose á redacción, como xornalista, en 1982. E 1984 cubriu o regreso a Galiza dos restos de Castelao. Entre 1984 e 1996 coordinou os suplementos monográficos A Nosa Cultura, dedicados aos principais autores da literatura galega, e a colección A Nosa Historia. Posteriormente foi director de Edicións A Nosa Terra (2004-2006) e subdirector do semanario entre 2007 e 2010.

Formou parte da Comisión de Comunicación do Consello da Cultura de 1990 a 2000 e da Comisión Técnica de Novos Medios da mesma institución. Participou regularmente no programa da Televisión Galega “Hai debate” (2005-2009) e foi colaborador habitual do suplemento de cultura Luces que se publicaba semanalmente na edición galega do diario El País. Tamén é editor en Engaiolarte.

Obras Ensaio Biografía de Valentín Paz-Andrade (2012). Vigo: Galaxia. 192 páxs. ISBN 978-84-9865-411-0. Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence. (2014). Engaiolarte Edicións. 218 páxs. ISBN 9788494238840.

Edicións Antoloxía, de Valentín Paz-Andrade (2012). Vigo: Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9865-418-9.

Obras en colaboración Conversas con Francisco Carballo (2002). Vigo: A Nosa Terra. Con Santiago Prol. 212 páxs. ISBN 9788496202412. Notas

Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes