José Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 20 de xullo de 1830 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1890, foi un médico e político galego.

Traxectoria Irmán de Eugenio Montero Ríos. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Dedicouse ao coidado de enfermos de cólera nos primeiros anos como médico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1868 e 1870. En 1870 trasladouse á Universidade de Madrid, e foi nomeado reitor da Universidade da Habana (1872-1876). Foi elixido deputado polo distrito de Taveirós (1871-1872), senador pola provincia de Pontevedra (1872-1873), pola Universidade de Santiago de Compostela (1881-1882 e 1884-1885) e en 1886 foi nomeado senador vitalicio.

Obras Deberes que el médico tiene contraídos con la humanidad, 1862

Traducións Guía de médico práctico. Resumen general de patología intensa y de terapéutica aplicada 1871-1873 (con M. Teijeiro).

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1890 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos