Paul Wayland Bartlett, nado en 1865 e finado en 1925, foi un escultor norteamericano.
Traxectoria Naceu en New Haven, Connecticut fillo dun crítico de arte e tamén escultor neoclásico. Aos quince anos marcha a París e estuda na École des Beaux-Arts con Emmanuel Frémiet, e dedícase a facer esculturas de animais co que gaña unha medalla de prata no Salón de París de 1887, posteriormente decántase por estatuas ecuestres e por esculturas de figuras históricas Entre as súas principais obras están The Bear Tamer no Metropolitan Museum of Art, Nova York; a estatua ecuestre de Lafayette, na Place du Carrousel, París; Columbus and Michelangelo, na Biblioteca do Congreso, Washington, D.C.; The Ghost Dancer na Pennsylvania Academy, Filadelfia.
Categoría:Personalidades da escultura Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra