"Dúlamán" (Alga parda en galego), é unha canción tradicional irlandesa. Existen dúas versións da melodía que veñen da tradición folclórica irlandesa. A primeira delas foi gravada polo grupo Clannad no seu álbum Dúlamán, e a segunda melodía foi gravada polo grupo Altan no seu álbum Island Angel.

O texto da canción refírese á práctica irlandesa de recollida de algas con fins diversos, e data dos tempos da fame na Irlanda, cando as algas eran un complemento da dieta dos irlandeses. Nárrase a discusión dun "dúlamán Gaelach" (un home que recolle algas mariñas para tinguir roupa) e un "dúlamán maorach" (un home que recolle algas para comer). Este último quere casar coa filla do primeiro, e fai varios argumentos e rogos para este fin. Finalmente, remata declarando que a levará consigo sen máis.

O refrán da canción di así:

Orixinal en gaélico irlandés Dúlamán na binne buí, dúlamán Gaelach Dúlamán na farraige, b'fhearr a bhí in ÉirinnTradución ó galego Algas dos cantís amarelos, irlandés que recolle algas Algas do océano, son o mellor de toda Irlanda

Gravacións da canción 1976 - Clannad - Dúlamán 1993 - Altan - Island Angel 1995 - Anúna- Omnis 1997 - Chanticleer- Wondrous Love 1999 - Dónal Lunny para a Telecom Éireann". 2007 - Celtic Woman - Celtic Woman: A New Journey 2003 - Omnia - 3 2009 - Omnia - World of Omnia 2012 - Celtic Thunder - Voyage 2012 - The Vocal Consort - Incantations

Véxase tamén Ligazóns externas 1976 Letra de Clannad 1993 Letra con transcrición fonética . Historia da canción

Categoría:Música de Irlanda