Álvaro López de Carrizosa y Giles, nado en Xerez da Fronteira o 10 de abril de 1861 e finado en 1933, foi un avogado e político español.
Traxectoria Fillo de Francisco Javier López de Carrizosa Pavón, I marqués de Mochales. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Priego (Córdoba) en 1891. En 1896 foi elixido deputado polo distrito da Pobra de Trives, sendo reelixido polo mesmo distrito en 1898, 1899, 1903, 1095, 1907, 1910, 1914, 1916 e 1918. Foi elixido senador pola provincia de Ourense na lexislatura 1901-1902 e en 1919 foi nomeado senador vitalicio.
O 25 de xuño de 1894 Afonso XIII concedeulle o título de Conde de Moral de Calatrava.
Véxase tamén
Outros artigos Miguel López de Carrizosa y de Giles Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1933