Xoán Carlos Bascuas Jardón, nado en Rüsselsheim (Hessen, Alemaña) en 1971, é un profesor universitario e político galego.

Traxectoria Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, na actualidade é profesor da Escola de Traballo Social (EUTS) da Universidade de Santiago de Compostela. Militou no BNG ata o 11 de marzo de 2012 cando a daquela corrente da fronte, Máis Galiza, se escinde e se constitúe en partido elixíndoo como Secretario Xeral. O 14 de setembro dese mesmo ano, foi elixido en Primarias Abertas candidato da cooperativa política Compromiso por Galicia para as eleccións ao Parlamento Galego. O 16 de decembro de 2012, Compromiso celebra o seu congreso fundacional onde a maioría da súa afiliación decide que Xoán Bascuas sexa o seu primeiro Secretario Xeral.

Tamén foi delegado da Consellaría de Vivenda na Coruña durante o goberno do chamado Bipartito (2005-2009).

Véxase tamén Ligazóns externas

Entrevista en Praza Pública Entrevista en El País

Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Hessen Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1971 Categoría:Políticos do BNG Categoría:Galegos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid