Iván Marrube Rodríguez, nado en 1980, é un político galego.

Traxectoria Xerente dunha empresa de loxística e transporte. Foi militante do Bloque Nacionalista Galego e concelleiro en Alfoz do Castrodouro. En maio de 2012 abandonou o BNG e creou con outra xente un novo partido, Independentes polo Val. Foi o principal abandeirado da iniciativa cidadá de fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro. En setembro de 2012 foi elixido en primarias para encabezar a candidatura de Compromiso por Galicia pola provincia de Lugo para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012. Foi membro da executiva de Compromiso por Galicia.

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en El Progreso

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes