Federico Cifuentes Pérez, nado en Ávila en 1931 e finado na Coruña o 1 de novembro de 2012, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Inspector de Educación nos anos 60. Foi inspector-xefe de Ensinanza Primaria da provincia de Pontevedra. Pertenceu ao movemento de mestres de Pontevedra, con José Rivas Fontán e Miguel Barros Puente, co que participou na vida social, cultural e política da cidade. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro de Pontevedra por UCD. O 26 de abril de 1979 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. Finou na Coruña o 1 de novembro de 2012.Morre o expresidente da Deputación, Federico Cifuentes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Aquel 23-F
Categoría:Profesores de España Categoría:Políticos de UCD Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Ávila Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2012