Andreas Achenbach, nado en Kasselo 29 de setembro de 1815 e finado en Düsseldorf o 1 de abril de 1910, foi un pintor alemán. Traxectoria Comezou a súa educación artística en 1827 en Düsseldorf baixo as ensinanzas de Friedrich Wilhelm Schadow na Academia de Pintura de Düsseldorf. Nos seus primeiros traballos seguiu o idealismo romántico alemán, pero tras mudarse a Múnic en 1835, a influencia de Louis Gurlitt guiouno cara a outros rumbos e converteuse no fundador da escola realista alemá.
Un gran número dos seus traballos poden ser encontrados na Galería Nacional de Berlín, no Neue Pinakothek de Múnic e nas galerías de Dresde, Darmstadt, Colonia, Düsseldorf, Leipzig e Hamburgo.
Seu irmán, Oswald Achenbach (1827-1905), tamén foi un pintor.
Galería
Véxase tamén
Ligazóns externas Achenbach (museumsyndicate.com) Andreas Achenbach (artcyclopedia.com) Andreas Achenbach (www.art.onilm.com)
Categoría:Nados en 1815 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Nados en Kassel Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Pintores paisaxistas