(145452) Ritona, designación provisional , é un obxecto clásico do cinto de Kuiper. Estímase que ten un diámetro de 679 (+55 -73) km. Foi descuberto o 10 de setembro do 2005 por Andrew C. Becker, Andrew W. Puckett e Jeremy Martin Kubica dende o Observatorio de Apache Point, situado en Sunspot, New Mexico. Nas listas do sitio web de Mike Brown aparece como un posible planeta anano.
Clasificación
O Centro de Planetas Menores (MPC) clasifícao coma un cubewano. Porén, dende que se sabe que este obxecto ten unha inclinación de 19,3° (e que non se sabe como adquiriu esta inclinación moderada), o programa Deep Ecliptic Survey (DES) clasifícao como un obxecto distante.) Foi observado 119 veces, 13 delas en oposición; este obxecto foi recuperado en imaxes que nos retrotraen ata o ano 1954.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
225088 Gonggong Sedna
Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris
Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:Candidatos a planeta anano