The Possession é un filme estadounidense de terror dirixido por Ole Bornedal, que se estreou no 2012.

Sinopse O filme comeza cunha muller maior intentando abrir unha estraña caixa. Antes diso, pon música clásica e faise con auga bendita e un martelo. Antes de poder destruír a caixa, é violentamente lanzada por toda a habitación por unha forza invisible. Cando entra o seu fillo, este atópaa inconsciente no chan. Días despois, no xardín da súa casa, celébrase un mercado de barrio. A pequena Emily e o seu pai mercan "a caixa" e lévana á casa. A partir dese intre, comezan a ocorrer sucesos moi estraños: multitude de avelaíñas invaden a súa casa, a nena ten cada vez peor aspecto e reacciona con agresividade ante calquera cousa. O pai, sospeitando que a caixa está relacionada con estes feitos, visita a un rabino que lle di que a caixa contén un espírito demoníaco que consumirá á súa filla a menos que consigan devolvelo á caixa mediante un exorcismo.

Personaxes Natasha Calis como Em Brenek Jeffrey Dean Morgan como Clyde Brenek Kyra Sedgwick como Stephanie Brenek Madison Davenport como Hannah Brenek Grant Show como Brett Quinn Lord como Pupil Matisyahu como Tzadok Jay Brazeau como Profesor McMannis Brenda Crichlow como Miss Shandy Anna Hagan como Eleanor Ella Wade como voz do Dybbuk

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ole Bornedal Categoría:Filmes producidos por Sam Raimi Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes de terror relixioso Categoría:Filmes sobre xudaísmo