Pilar de Lara Cifuentes, nada en CartaxenaLa juez María del Pilar de Lara deja Mieres tras lograr el ascenso a magistrada , La Nueva España, 16/3/2007. en 1971, é unha xuíza española.

Traxectoria Licenciada en Dereito, exerceu como xuíza en Mieres dende 1999 e ascendeu a maxistrada con destino na cidade de Lugo (2007), onde se fixo cargo do Xulgado de Instrución número 1.

Como responsable deste xulgado instruíu a Operación Carioca, onde implicou a 80 persoas nunha rede de prostitución, entre elas varios integrantes da Garda Civil e da policía nacional. Tamén se encargou de instruír a Operación Pokémon, un caso derivado da operación Carioca, e que tivo como consecuencia a detención de varios cargos políticos por suborno e prevaricación, entre eles o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez Fernández e o de Boqueixón Adolfo Gacio.

Tamén levou a causa denominada "do Garañón" sobre presunta corrupción urbanística en Lugo na que chegou a imputar ao, daquela, alcalde, Xosé Clemente López Orozco e ao concelleiro de urbanismo, Xosé Ramón Gómez Besteiro. O caso, finalmente, foi arquivado.

O 30 de xaneiro do 2020 cesou no xulgado nº 1 de Lugo por mor dunha sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial, na que foi condenada a sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo e perda do destino por unha falta moi grave por desatención do seu xulgado. Como consecuencia diso, o 22 de decembro do mesmo ano fíxose cargo do xulgado nº8 de Ponferrada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Xosé Clemente López Orozco Xosé Ramón Gómez Besteiro Operación Pokémon

Categoría:Xuíces de España Categoría:Nados en Cartaxena Categoría:Nados en 1971