A roseira brava ou silva macho (Rosa canina) é un arbusto espiñento, rubideiro e perenne da familia das rosáceas, nativo de Europa, o noroeste de África e Asia occidental. Tamén foi introducido en América do Norte e outras partes do mundo. Actualmente a súa distribución é bastante ampla. En Galicia é unha especie brava moi común en lugares frescos.
Etimoloxía O nome científico foille dado pola forma das espiñas, semellantes aos caninos dos cans. O froito, as bagas de roseira brava son tamén chamados peros de can pola mesma razón. O nome galego claramente é porque non deixa de ser unha roseira silvestre. Tamén, como rosácea e coa semellanza coa silveira, leva o nome de silva.
Outros nomes dialectais en galego: silva macha, silvo macho, gabanceira, agavanzo, agabanza, agarbanza, silva madre, silvarda, silvardo, silvarro.
Descrición Arbusto de até 2 m de altura, con talos pénsiles de cor verde, cubertos de espiñas miúdas, fortes e curvas. As follas compóñense de 5 a 7 folíolos dentados ovais.
As flores, solitarias ou agrupadas en corimbos, son de cor rosa pálido ou abrancanzadas, de 4 a 6 cm de diámetro, con cinco pétalos, e maduran nunha froita ovoide de cor rubia intensa cun tamaño entre 1,5 e 2 cm chamada pero de can. En realidade é un falso froito carnoso no que o receptáculo da flor ou tálamo ten forma cóncava (con forma de copa), está inchado e contén no seu interior numerosos aquenios, que serían os froitos verdadeiros. O froito salienta polo alto contido en vitamina C (malia conter tamén carotenoides e Vitamina P) e por ser usado para facer marmeladas, confeituras e infusións. A roseira brava florece de maio a xullo e produce froitos a finais do verán ou a comezos do outono.
Distribución É unha planta nativa de Europa, as Illas Canarias, Madeira, o noroeste de África (Alxeria, Marrocos e Tunisia), o oeste de Asia (Afganistán, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, Siria, Armenia, Azerbaidján, Xeorxia, o sur de Rusia e Tadjiikistán) e o subcontinente indio. Porén, áchase naturalizada practicamente en todo o mundo, incluíndo América, Australia (sobre todo en Tasmania) e Nova Zelandia.
Na Península Ibérica, agás na beiramar das Canarias e nalgunhas zonas puntuais da costa andaluza e murciana con clima tropical, atópase en calquera parte, desde o nivel do mar deica os 1.500 m de altitude. En Galicia é moi común en todo o territorio pola fertilidade do solo e a abundante precipitación.
Hábitat Considérase unha especie de clima atlántico e mediterráneo (zonas temperadas).
Non ten preferencia por solos específicos; incluso prefire zonas montañosas ou semi-montañosas, como o sotobosque arbustivo de especies caducifolias, mais tamén pode medrar noutros bosques, sebes, beiras dos camiños etc., e até en áreas costeiras, pois atura ben a salinidade. Agradece os solos con boa drenaxe e húmidos, algo fértiles e cun pH neutro (6,1-7,8).
As necesidades de auga fican arredor dos 675–900 mm ao ano. Pode soportar temperaturas moi baixas, até de -23 °C (zona de rusticidade: 7 a 10).
Etnoloxía A roseira brava empregouse en Galiza coma planta medicinal. Ademais adoitaba ser unha das herbas máxicas de San Xoán.
Taxonomía thumb|left|Flores de roseira brava. thumb|left|Flor de silvo macho. Subespecies de Rosa canina Rosa canina forma''':Rosa canina f. andegavensis (Bastard) RapinRosa canina f. brachypoda (Déségl. & Ripart) Vukic.Rosa canina f. calophylla H.Christ ex J.B.KellerRosa canina f. capitata BraeuckerRosa canina f. dumalis (Bechst.) H.ChristRosa canina f. euoxyphylla BorbásRosa canina f. firmula GodetRosa canina f. fissidens BorbásRosa canina f. glaberrima H.ChristRosa canina f. glaucescens Lej.Rosa canina f. grandiflora BraeuckerRosa canina f. hispidissima H.ChristRosa canina f. kirghisorum Tkatsch.Rosa canina f. lasiostylis BorbásRosa canina f. laxiphylla BorbásRosa canina f. lentiscifolia H.ChristRosa canina f. lucorum (Heinr.Braun) Vukic.Rosa canina f. mucronulata (Déségl.) Heinr.BraunRosa canina f. pulchella Vuk.Rosa canina f. purpurea BraeuckerRosa canina f. semibiserrata BorbásRosa canina f. sphaerophylla Vuk.Rosa canina f. squarrosa (A.Rau) BorbásRosa canina f. suffulta H.ChristRosa canina f. syntrichostyla (Ripart ex Déségl.) R.KellerRosa canina nothosubsp. andegavensis (Bastard) NymanRosa canina nothosubsp. corymbifera (Borkh.) C.ViciosoRosa canina nothosubsp. dumalis (Bechst.) NymanRosa canina nothovar. concinnoides (Wolley-Dod) P.V.HeathRosa canina nothovar. permiscibilis (Schmidely) P.V.HeathRosa canina nothovar. rufescens (Wolley-Dod) P.V.HeathRosa canina nothovar. surreyana (Wolley-Dod) P.V.HeathRosa canina staxon andegavensis (Bastard) Crép.Rosa canina staxon burboniana Redouté & ThoryRosa canina staxon collina (Jacq.) Fr.Rosa canina staxon collina (Jacq.) J.LloydRosa canina staxon cymosa Wahlenb.Rosa canina staxon dumalis Crép.Rosa canina staxon dumetorum (Thuill.) Crép.Rosa canina staxon emarginata hort. ex AndrewsRosa canina staxon fusiformis Crép.Rosa canina staxon genuina Crép.Rosa canina staxon glauciformis Almq.Rosa canina staxon globularis Crép.Rosa canina staxon oreogeton Heinr.Braun & HalácsyRosa canina staxon rubiginosa Griess.Rosa canina staxon rubra hort. ex AndrewsRosa canina staxon sarmentosa GodetRosa canina staxon semiduplex hort. ex AndrewsRosa canina staxon separabilis (Déségl.) Heinr.BraunRosa canina staxon sepium W.D.J.KochRosa canina staxon sphaerica (Gren.) Crép.Rosa canina staxon subobtusa J.B.KellerRosa canina staxon urbica (Léman) Crép.Rosa canina staxon variegata hort. ex AndrewsRosa canina staxon villosula (Gand.) J.B.KellerRosa canina staxon virens'' Wahlenb.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Rosa Roseira
Ligazóns externas As roseiras en botanical-online.com O mundo das roseiras
Categoría:Rosa Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Rubideiras de Galicia Categoría:Froiteiras