Cousas de tolos (en xaponés: Osomatsu-kun) é unha serie xaponesa dirixida por Akira Shigino, que comezou a se emitir en Galicia o 15 de outubro do 2007, no programa infantil Xabarín Club da TVG.

Sinopse A serie narra a vida cotiá de dúas familias antagónicas: a familia Tontobón, integrada por un fillo e un pai parvos e unha nai e outro fillo listos, e os Osomatsu, unha familia de seis membros que volven tolos ao barrio coas súas falcatruadas.

Personaxes Os sextoxemelgos (Muttsuko): Son seis irmáns xemelgos, Osomatsu, Karamatsu, Choromatsu, Ichimatsu, Joshimatsu e Todomatsu, son os protagonistas principais. Koneho (Iyami): Koneho vén de Francia, unha personaxe pérfida e retorcido, é moi pobre e quere facerse rica pasándo por estar morto, robar á xente para despois vender o roubado etc. É o curmán de Chibita e o inimigo dos irmáns Osomatsu. Cando va a algún restaurante lisca sempre sen pagar. Tetoko Metoko (Totoko): Unha meniña tan doce coma petulante. Case que todos namoran dela, Koneho, Chibita, Hatabo etc. Ademais, é a única rapaza que sae na serie. Chibita: É o pequeno da serie, e o máis sensíbel. Artella plans malvados para Osomatsu e os seus irmáns, canda Koneho. Matsuzo Matsuyo Hatabo Metenabo (Hatabo Dajoo): Un rapaz moi amigo de Chibita. Está namorado de Tetoko. Dekapan: O inventor da serie. Tamén sae nalgúns capítulos facéndose pasar por outras persoas, por exemplo, Deus, o tío dos irmáns Osomatsu etc. Dayon: (o seu nome vén da palabra xaponesa "Dayo" que significa "así", pero terminada en "n" nasal, é algo semellante a que nós dixeramos "asín") Avoo (Noojisan) Chikako Señor Honkan: Policía; gústalle disparar ao tolo sen parar. O can nocturno Jajako Kemunpasu Beshi O avó de Rerere Nyarome Zukiko: É rapaza máis popular do barrio despois da rapaza snob Totoko.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha técnica da serie en AVG

Categoría:Debuxos animados Categoría:Xabarín Club Categoría:Manga Categoría:Anime con versión galega