Fausto (en alemán, Faust) é un poema dramático de Johann Wolfgang von Goethe, publicado por primeira vez en dúas partes: en 1808 a primeira parte, Faust: der Tragödie erster Teil (Fausto: Primeira parte da traxedia) e en 1832 a segunda parte Faust: der Tragödie zweiter Teil (Fausto: Segunda parte da traxedia). Fausto está considerado o mellor poema longo da literatura moderna europea.

Goethe terminou de escribir a Segunda parte de Fausto en 1832, o ano da súa morte. A diferenza da Primeira parte, o foco da acción xa non está centrado na alma de Fausto, que fora vendida ao diaño, senón máis ben en fenómenos sociais como a psicoloxía, a historia e a política. A segunda parte constituíu a principal ocupación de Goethe nos seus últimos anos e apareceu só postumamente en 1832.

Edicións A obra foi traducida ao galego por Lois TobíoFausto, pdf da obra en galego., distinguida co premio Plácido Castro de tradución.

En 1932 Ramón Otero Pedrayo traducira un anaco do Fausto, o diálogo do protagonista co centauro Quirón. O texto foi publicado xunto coa conferencia "Lembranza de Goethe", lida en Ourense o 6 de marzo dese ano (1932): Lembranza de Goethe. Santiago de Compostela: Editorial Nós..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Biblioteca Galega de Clásicos Universais Ligazóns externas Grandi Faust Johann Wolfgang Goethe: Faust

Categoría:Romanticismo Categoría:Obras de poesía en alemán Categoría:Obras traducidas do alemán ao galego Categoría:Obras de teatro en alemán