Stephenie Meyer, nada Morgan o 24 de decembro de 1973, é unha autora estadounidense de literatura xuvenil e produtora de cine coñecida pola serie romántica de vampiros Twilight.

Primeiros anos Stephenie Meyer naceu en Hartford, Connecticut, filla de Stephen e Candy Morgan. Creceu en Phoenix (Arizona) con cinco irmáns e irmás: Seth, Emily, Jacob, Paul e Heidi. Asistiu á escola secundaria Chaparral en Scottsdale (Arizona). Asistiu á Universidade Brigham Young en Provo, Utah, onde recibiu un B.A. en inglés en 1997. Meyer coñeceu o seu marido Christian en Arizona cando tiña catro anos, e casou con el en 1994 cando ambos tiñan 21 anos. Xuntos tiveron tres fillos: Gabe, Seth e Eli. Christian Meyer, anteriormente auditora, agora retirouse para coidar dos seus fillos.

Twilight A novela Twilight gañou recoñecemento mundial vendéndose máis de 100 millóns de copias en todo o mundo. A novela ten traducións a máis de 37 linguas diferentes. Meyer foi a autora máis vendida en América en 2008 e 2009, con máis de 29 millóns de libros no 2008 e 26,5 millóns no 2009. Twilight foi o libro máis vendido do ano 2008 nas librerías estadounidenses.

Meyer ocupou o posto 49 na lista da revista Time das 100 persoas máis influentes en 2008, e foi incluída na lista de Forbes Celebrity 100 das celebridades máis poderosas do mundo no 2009, entrando no posto 26. Os seus ingresos anuais superan os 50 millóns. En 2010, Forbes clasificouna como a celebridade máis poderosa con ingresos anuais de 40 millóns de dólares estadounidenses.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América