+Gente foi un programa de La 1 de Televisión Española emitido en horario de tarde dende o 12 de setembro de 2011 ata o 17 de maio de 2013. O programa tivo dúas etapas: a primeira, dende a súa primeira emisión ata o 29 de xuño de 2012 con Pilar García Muñiz, José Ángel Leiras, María Avizanda e Alberto Herrera; e a segunda, dende o 10 de setembro de 2012 con Anne Igartiburu e Roi Groba.
O 25 de abril de 2013 anunciouse a súa cancelación debida aos discretos índices de audiencia, polo que o último programa emitiuse o 17 de maio de 2013.TVE cancela +Gente con Anne Igartiburu: último programa o 17 de maio
Formato e estrutura Na súa primeira etapa, o magacín vespertino contaba con conexións en directo, reportaxes de actualidade, sucesos, crónica social e o arquivo de RTVE. O programa estruturaba as súas noticias en tres bloques: a actualidade do día, mediante vídeos e conexións en directo; no apartado de sociedade enmarcábanse historias de superación, personaxes do día, moda ou gastronomía como reclamo turístico ou feito diferencial entre comunidades ou culturas.Un "Súper Gente" para reemplazar a "España Directo" e "Gente" en TVE Vertele 16 de xuño de 2011
Seccións Dende o 10 de setembro de 2012 o programa contiña as seguintes seccións: La tertulia: Varios xornalistas comentaban a actualidade do corazón. El Cara a cara: Dous tertulianos con opinións opostas debatían sobre temas que se comentan na rúa. Gastronomía: Cada día mostrábase unha reportaxe sobre gastronomía e como facer diferentes pratos cun cociñeiro en directo. Turismo: O programa mostraba lugares de España. La Entrevista: Cada día un personaxe famoso acudía ao estudio para conceder unha entrevista en directo. Humor: Cada día un humorista era invitado para animar o programa e facer algún monólogo.
O programa tamén tiña actuacións musicais de artistas invitados e un DJ que animaba o estudio.
Presentación Durante a súa primeira etapa, o programa estaba presentado de luns a venres por Pilar García Muñiz e José Ángel Leiras e na edición de fin de semana, por María Avizanda e Alberto Herrera. O resto de traballadores do espazo procedían dos formatos de actualidade da cadea pública Gente e En familia. Tamén estaban entre eles os membros do equipo de España Directo que formaban parte do persoal de TVE.Estrea de +Gente, o magacín de TVE FormulaTV 11 de setembro de 2011
Desde o 10 de setembro de 2012 e ata a súa cancelación, o programa foi presentado por Anne Igartiburu e Roi Groba.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de +Gente
Categoría:Programas de Televisión Española Categoría:Programas de televisión de variedades de España Categoría:Programas informativos de televisión de España