Paul John Balban é un político xibraltareño, dietista rexistrado e ex-taxista. Foi elixido por primeira vez ao Parlamento de Xibraltar nas eleccións xerais de 2011 e agora é un ministro do Goberno de Xibraltar, membro do Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP). Está casado e ten tres fillas.
Traxectoria Paul Balban está casado con Gina e ten tres fillas. Durante moitos anos, traballou como taxista en Xibraltar, e foi tesoureiro do Comité da Asociación de Taxis de Xibraltar. Estudou Nutrición e Ciencia dos alimentos na Oxford Brookes University e tamén ten un posgrao en Dietética do King's College de Londres. Máis tarde tornouse un nutricionista, practicando na Central Clinic, en Horse Barrack Lane, Xibraltar.
Carreira política Balban foi nomeado para a Executiva do GSLP en febreiro de 2007, e foi un dos 10 candidatos da alianza GSLP-Liberais para participar nas eleccións xerais dese ano, pero non foi escollido como un dos dezasete membros do Parlamento. Foi elixido ao goberno nas eleccións xerais de 2011 co 8.281 votos. O ministro xefe acabado de elixir, Fabian Picardo, nomeou Balban como Ministro de Tráfico, Saúde e Seguridade e Servizos Técnicos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Paul Balban - Páxina web oficial
Categoría:Políticos de Xibraltar Categoría:Alumnos do King's College de Londres Categoría:Nados en Xibraltar Categoría:Ministros