Tyler Paul Zeller, nado o 17 de xaneiro de 1990 en Visalia, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Zeller foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Dallas Mavericks, e foi o cuarto Tar Heel en ser seleccionado na primeira rolda do Draft. Posteriormente foi traspasado ós Cleveland Cavaliers.
O 10 de xullo de 2014, Zeller foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós Cavaliers e ós Brooklyn Nets.Celtics Complete Three-Team Trade
O 12 de setembro de 2017, Zeller asinou un contrato cos Brooklyn Nets.
O 5 de febreiro de 2018, Zeller foi traspasado ós Milwaukee Bucks a cambio de Rashad Vaughn e os dereitos dunha futura elección da segunda rolda do Draft. O 13 de outubro de 2018, foi cortado polos Bucks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no condado de Tulare, California Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs