Xabier Cid Fernández, nado en Ourense o 7 de setembro de 1975, é un escritor e tradutor galego.
Traxectoria Licenciado en filoloxía e mestrado en xestión deportiva, foi consultor da Navalla Suíza. Este xestor de proxectos dixitais traballou de administrativo, de árbitro, de xornalista, de profesor de galego, de guía turístico, de empresario, de tradutor e de repartidor de comida. Viviu en Stirling e Glasgow (Escocia) durante catorce anos, despois en Pontevedra foi profesor no colexio Doroteas antes de marchar a Madrid.
Colaborou un ano na Radio Galega e foi candidato pola circunscrición electoral da Coruña, na lista de Converxencia 21, nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.Resolución do 29 de agosto de 2016 DOG. É editor habitual na Galipedia desde 2006. Colaborou en Praza.gal.
En 2022 publicou 10.000 millas de andar na bici. Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas enriba dunha bicicleta tradicional, experiencias que conta nesta narración.
Obras Terá as túas balas (2000). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-371-6. As bicis (2018). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 978-84-949164-2-7. 10.000 millas de andar na bici (2022). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-087-8. ePub: ISBN 978-84-1110-101-1.
Traducións O devalar da idea. Otero Pedrayo e a identidade galega, de Craig Patterson (2008). Fundación Otero Pedrayo. Unha viaxe á Lúa, de George Tucker (2009). Santiago: Urco Editora. A princesa e o trasno, de George MacDonald (2009). Santiago: Urco Editora. miniatura|Presentación de 10.000 millas de andar na bici na libraría Paz de Pontevedra en maio de 2022. Con Sara Vila Alonso e Pancho Tristán
Premios
2018: gañador do XXI Premio de poesía Concello de Carral co poemario As bicis. 2000: finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey con Terá as túas balas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas El País. A Síndrome de Rimbaud
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1975 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Stirling Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Wikimedistas