O Partido Comunista de Bohemia e Moravia (en checo, Komunistická strana Čech a Moravy ou KSČM) é un partido político checo fundado en 1989. A nivel europeo forma parte da Esquerda Unitaria Europea - Esquerda Nórdica Verde. A diferenza doutros partidos comunistas europeos o seu símbolo é unha cereixa. Ten 107.813 membros e é un dos partidos comunistas non gobernantes máis grandes e votados do mundo, sendo o cuarto partido político checo en representación por detrás de TOP 09, ODS e o ČSSD.
Historia O KSČM fundouse en 1989 logo dun congreso extraordinario do Partido Comunista de Checoslovaquia, que decidiu fundar un partido específico para os territórios da Bohemia e Moravia, rexións que se converterían na República Checa. En 1990, o Partido Comunista de Checoslovaquia converteuse nunha federación de dous partidos creados logo da separación de Eslovaquia e a República Checa: o KSČM e o Partido Comunista de Eslovaquia. Esta federación roumpeuse en 1992.
Logo do II Congreso, varios grupos se separaron do KSČM, xurdindo novos partidos de esquerdas. En 1995 separouse un novo partido que se pasou a denominar Strana československých komunistů (Partidos dos Comunistas de Checoslovaquia), partido que actualmente recuperou o nome do Komunistická strana Československa (Partido Comunista da Tchecoslováquia) liderado por Miroslav Štěpán.
En maio de 2004, o VI Congreso do KSČM adoptou un novo programa titulado Esperanza para a República Checa (Naděje pro Českou Republiku).
O 12 de outubro de 2006 a organización xuvenil do partido, a Komunistický svaz mládeže ou KSM (Unión Comunista da Xuventude) liderada por Milan Krajča foi ilegalizada polo Ministerio do Interior da República Checa. Pouco despois se tratou de ilegalizar tamén ao propio KSČM, mais finalmente a proposta non prosperou.
O días 17 e 18 de maio de 2008, tivo lugar o VII Congreso do KSČM en Hradec Kralove.
Líderes George Machalík (31 de marzo de 1990 - 13 de outubro de 1990) Jiří Svoboda (13 de outubro de 1990 - 25 de xuño de 1993) Miroslav Grebenicek (26 de xuño de 1993 - 1 de outubro 2005) Vojtech Filip (dende o 1 de outubro de 2005)
Resultados Electorais Eleccións Parlamentarias Eleccións lexislativas de 1992: 14,05 % na coalición Bloque de Esquerda (Levý blok) (Sněmovna lidu 14,27 %; Sněmovna národů 14,48 %) 1996: 10,33 % (22 escanos) 1998: 11,03 % (24 escanos) 2002: 18,51 % (41 escanos) 2006: 12,81 % (26 escanos) 2010: 11,27 % (26 escanos)
Eleccións ao Senado 1996: 2 mandatos - Ladislav Drlý, distrito electoral de Chomutov (22,0 e 56,0 % votos; para 4 anos) e Antonín Petráš, Karviná (28,2 e 52,3 % votos; para 6 anos) 1998: 2 mandatos - Rostislav Harazin, Bruntál (26,9 e 60,5 %) e Jaroslav Doubrava, Ústí nad Labem (27,6 e 52,4 %) 2000: 0 mandatos 2002: 1 mandato - Eduard Matykiewicz, Karviná (28,8 e 51,8 %) 2004: 1 mandato - Vlastimil Balín, Most (27,1 e 52,4 %) 2006: 0 mandatos 2007: 1 mandato 2008: 1 mandato 2010: 0 mandatos
O KSČM ten actualmente 2 senadores: Marta Bayerová e Václav Homolka.
Eleccións Comunais 1994: 14,7 % 1998: 13,58 % 2002: 14,49 % 2006: 10,79 %
Eleccións ao Parlamento Europeo 2004: 20,26 % - 6 deputados de 24 (segundo tralo ODS): Věra Flasarová, Jaromír Kohlíček, Jiří Maštálka, Miloslav Ransdorf, Vladimír Remek e Daniel Strož. 2009: 14,18 % - 4 deputados de 22
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Partidos políticos da República Checa