Trolljegeren é un filme noruegués escrito e dirixido por André Øvredal que se estreou no 2010.

Sinopse Falso documental que narra a historia dun grupo de estudantes que trata de destapar unha conspiración do goberno que implica a troles xigantes que viven en Noruega. O goberno noruegués estivo ocultando o feito de que existe unha poboación secreta de troles vivindo en cotos de caza na zona norte do país, manténdoos seguros e afastados da atención pública do lugar e a posibilidade de que se desate o pánico masivo se a xente descobre que estas criaturas son reais.

Personaxes Otto Jespersen como Hans, o cazador de troles Hans Morten Hansen como Finn Tomas Alf Larsen como Kalle Johanna Mørck como Johanna Knut Nærum como Director da empresa de enerxía Robert Stoltenberg como Cazador de osos polaco Glenn Erland Tosterud como Thomas Urmila Berg-Domaas como Malica

Galardóns e nomeamentos 2011: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.

Referencias culturais miniatura|dereita|A pintura "Soria Moria Castle" de Theodor Kittelsen

Trollhunter contén numerosas referencias á cultura de Noruega e ós seus contos populares. Entre as numerosas crenzas está a de que existen diferentes especies de troles, como os troles de montaña e os de bosque, que como se di no filme poden ser categorizados en subespecies. A máis coñecida delas é probablemente a do "Rei das Montañas", que é mencionada na obra de Edvard Grieg Peer Gynt. O nome noruegués para Rei das Montañas, «Dovregubbe», é unha palabra composta, e a primeira parte dela é a mesma palabra usada para chamar á serra Dovrefjell, que é tamén o lugar onde se atopan o trol xigantesco.

No filme tamén se inclúen outras descricións de troles do folclore noruegués, como o feito de que teñen rabo, que poden ter múltiples cabezas, que poden cheirar o sangue dos cristiáns e que comen rochas pero tamén poden comer homes. Os troles son descritos como grandes, vellos, fortes, pero tamén lentos e parvos. Tórnanse pedra ó entrar en contacto coa luz solar. Este último é un dato destacado no filme, xa que o cazador de troles utiliza luz ultravioleta para matar os troles. Con todo, o cazador tamén di que non todo o que se di nos contos sobre os troles é verdade.

miniatura|dereita|Trol por Theodor Kittelsen miniatura|dereita|Trol pintado por John Bauer

O filme tamén ten numerosas referencias específicas ós contos de fadas. Por exemplo, ó conto Boots Who Ate a Match With the Troll cando o cámara pregunta sobre un concurso de comer, e ó conto Three Billy Goats Gruff cando o cazador tenta emboscar ó trol debaixo da ponte. O conto de fadas Soria Moria Castle é un dos contos que di que os troles poden cheirar o sangue dun home cristián. Unha pintura de Theodor Kittelsen baseada no mesmo conto tamén é utilizado como un pano de fondo dunha das viaxes que fan na película. O aspecto físico dos troles está influído por artistas como Theodor Kittelsen e John Bauer.

Como reflexo de como os estudantes responden ós cazador, só unha pequena fracción dos noruegueses se consideran relixiosos ou van á Igrexa con regularidade, mesmo tendo en conta que a maioría da poboación é membro da igrexa do estado.

O filme tamén amosa o conflito cotián entre os granxeiros e os depredadores salvaxes que ameazan o seu gando, e a limitada capacidade para reaccionar sen crebar as leis de protección da vida salvaxe. No filme, estes depredadores levan a culpa polas accións dos troles. Do mesmo xeito, existen conflitos que xorden cando novas liñas de electricidade deben ser feitas a través da paisaxe.

Cun elenco inzado de actores cómicos que son moi coñecidos pola audiencia norueguesa, como Otto Jespersen, o ton do filme cambia debido a este feito, restándolle dramatismo. Robert Stoltenberg interpreta o cazador polaco e fai a escena menos grave, e tamén recrea os estereotipos que a maioría dos noruegueses teñen dos inmigrantes de Polonia, como son o seu pobre dominio do noruegués ou do inglés, que fan o que se lles pide sen facer preguntas, que fan o traballo que os noruegueses non queren facer, e que é relativamente frecuente que traballen mal pagados ou condicións non legais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en FilmWeb

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes dirixidos por André Øvredal Categoría:Filmes ambientados en Noruega Categoría:Filmes de metraxe atopada Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes ambientados en 2010