La Emancipación foi un periódico editado en Pontevedra en 1895.
Historia e características Apareceu en 1895. Reapareceu o 18 de decembro de 1898 co subtitulo Semanario socialista e no segundo número Semanario socialista obrero. Foi voceiro da Federación Local de Trabajadores de Pontevedra, e ocupábase da exposición da teoría socialista, a difusión de noticias sobre as actividades políticas deste signo e a publicación de críticas dirixidas aos carlistas. Contou coa colaboración de Emiliano Iglesias. Só se editaron dous números e, logo dunha suspensión gobernativa, unha folla extraordinaria datada o 8 de febreiro de 1899.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Emancipación Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1895 en Galicia Categoría:Prensa socialista