Fecal Matter foi unha banda estadounidense de punk rock de curta vida procedente de Aberdeen, Washington e formada en 1985 por Kurt Cobain, o futuro líder de Nirvana, e Dale Crover de The Melvins. Posteriormente entrarían no grupo outros membros dos Melvins como Buzz Osborne e Mike Dillard, que só estiveron durante un breve período de tempo en 1986.

A única gravación da banda, a cinta demo Illiteracy Will Prevail, a día de hoxe aínda non foi publicada oficialmente, coa excepción da canción "Spank Thru". Porén, partes filtradas da casete están dispoñibles en distintas páxinas de Internet.

Historia A banda formárona a principios de 1985 o guitarista e vocalista Kurt Cobain, que acababa de ser expulsado do instituto, o baixista Dale Crover e o batería Greg Hokanson. O grupo pasou varios meses ensaiando material orixinal e versións, incluídas cancións de Ramones, Led Zeppelin e Jimi Hendrix,Gillian G. Gaar. Entertain Us!: The Rise of Nirvana Penguin, 2012Gillian G. Gaar. The Rough Guide to Nirvana. Penguin, 1993 antes de que Hokanson marchase en decembro.

Pouco despois, Cobain e Crover foron á casa da tía de Kurt, Mari Earle, en Burien para gravar a demo Illiteracy Will Prevail nun gravador de 4 pistas. Non se sabe con seguridade a data da gravación; Michael Azerrad asegurou que foi en decembro de 1985 no seu libro Come as You Are: The Story of Nirvana, mentres que Gillian Gaar defende que é máis probable que fose na Semana Santa de 1986 no seu libro Entertain Us!: The Rise of Nirvana. Crover encargouse tanto do baixo como da batería, e a parella gravou 13 temas orixinais en total, que Cobain posteriormente recordou como un xconxunto de cancións punk "totalmente abrasivas" que reflectían o seu interese por Black Sabbath e Black Flag.

Posteriormente en 1986, Buzz Osborne e Mike Dillard uníronse ao grupo tocando o baixo e a batería respectivamente. Esta encarnación só ensaiou durante moi pouco tempo; no libro de Michael Azerrad Come as You Are: The Story of Nirvana, Cobain fala da súa frustración con Osborne por non ter tomado o suficientemente en serio a banda e que non mercase un amplificado de baixo.

Discografía Illiteracy Will Prevail

Notas

Categoría:Grupos musicais de Washington Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais formados en 1985 Categoría:Grupos musicais separados en 1986