Vermudo I (ou Veremund) foi posiblemente un princeps (nobre poderoso equiparable a un rei) da Galicia alto-medieval que gobernou de 788 a 791. Suponse que o seu alcuño, o Diácono, se debe ao seu pasado de diácono anterior á coroación.
Traxectoria Se ben desde mediados do século XIX é designado pola historiografía nacionalista española como rei de Asturias, gran parte da historiografía galega desde finais dese mesmo século rexeita tal denominación e prefire chamarlle rei de Galicia.
Durante o seu reinado sofre as razzias musulmás en Áraba e Galiza. Despois dunha dura derrota no Bierzo, abdicou do trono e regresou ao seu antigo estado clerical.
Está considerado polos historiadores como un rei xeneroso, magnánimo e ilustrado para a época.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271. Outros artigos Lista de reis de Galicia Lista de reis de Asturias
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 791