Francisco Javier Puig Llamas, nado en Santiago de Compostela o 2 de novembro de 1869 e finado en Pontevedra o 15 de setembro de 1941Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 16-9-1941, p. 7., foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Juan Puig Vilomara e de Concepción Llamas Novac. Estudou o bacharelato en Lugo e Dereito na USC. Popular cando estudante, aparece en La Casa de la Troya como o personaxe Javierito Flama.
O escritor Ramón María del Valle Inclán encargoulle a corrección da súa publicación, FemeninasRamón Valle-Inclán, "Femeninas". Imprenta y Comercio de A. Landín. Pontevedra, 1895Femeninas , facsímile no sitio web da RAG., prologada por Manuel Murguía e publicada en 1895, que foi o seu primeiro libro e consta de seis relatos curtos.
Foi funcionario do Estado e en 1900 instalouse como avogado en Pontevedra. Cofundador da asociación xuvenil "Los Exploradores de Pontevedra", foi redactor de La Tierra e director de La Correspondencia Gallega.
Foi alcalde de Pontevedra (1909-1911) e deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui (1913-1923). Fixo amizade con Niceto Alcalá Zamora tras encomendarlle este a defensa do fillo da Marquesa de Fuente del Moral. No ano 1931 foi elixido decano do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. Durante a Guerra civil foi nomeado membro da Xestora da Deputación en decembro de 1936 e, o 11 de decembro de 1937, presidente da Deputación de Pontevedra; dimitindo o 8 de outubro do ano 1938, por razóns persoais.
Finou no seu domicilio en Pontevedra na Rúa da Ponte número 17 na casa familiar da súa dona.
Vida persoal Casou en Pontevedra con Esperanza Gaite Sancho. Foron pais de sete fillos entre os que se atopa Antonio Puig Gaite.
Notas
Categoría:Avogados de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Nados en Santiago de Compostela
Categoría:Nados en 1869
Categoría:Finados en 1941