Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Ponce de León Luis Ponce de León Cabello, nado en Zamora o 14 de outubro de 1899 e finado en Redondela o 6 de maio de 1986, foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria Fillo de Juan Ponce de León Encina e de Guadalupe Cabello Fernández. Irmán de Alfonso Ponce de León Cabello. Cursou o bacharelato no Colexio dos xesuítas de Málaga. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, foi Director da Xunta de Obras do Porto e Ría de Pontevedra. Foi alcalde de Pontevedra do 25 de novembro de 1943 ao 20 de setembro de 1944. Foi procurador en Cortes como alcalde de capital de provincia (1943-1944). Foi nomeado Gobernador civil de Pontevedra en 1944. De 1948 a 1958 estivo destinado en Madrid no departamento de faros. Despois foi nomeado xefe rexional de Obras Públicas de Andalucía Oriental, posto no que se xubilou en 1969.

Recoñecementos

Gran Cruz do Mérito Civil.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes