Francisco Higuera Fernández, nado en Escurial (provincia de Cáceres) o 30 de xaneiro de 1965, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Debutou en Primeira División co Real Mallorca na tempada 1983-84, pero afianzouse nesta categoría cando fichou polo Real Zaragoza, equipo no que militou nove tempadas e co que gañou unha Copa do Rei na tempada 1993-94 e unha Recopa de Europa ante o Arsenal FC en 1995. A final da Copa do Rei disputouna ante o Celta de Vigo e o propio Higuera foi quen marcou o gol decisivo na quenda de penaltis despois de que o porteiro maño Andoni Cedrún lle detivese un penal ao xogador céltico Alejo.
Tamén xogou na Primeira División Mexicana co Puebla Fútbol Club, á súa volta a España ficha polo Xerez CD en Segunda División B. Trala súa retirada converteuse en director deportivo do club.
En 2009 foi contratado polo Lorca Deportiva CF como director deportivo pero foi cesado. Esa mesma tempada ficha polo Orihuela CF para desempeñar a mesma función.
Foi internacional coa Selección de fútbol de España en seis encontros oficiais e marcando un gol, disputou as Eurocopas de Suecia 1992 e Inglaterra 1996 e o Mundial dos Estados Unidos 1994.
Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Directores deportivos de fútbol de España