Francisco Trigo Durán, nado en Cambados o 22 de xuño de 1952, é un arquitecto técnico e político galego.

Traxectoria Foi militante do Bloque Nacionalista Galego desde a súa creación até 2012, e pertencenceu ao Colectivo Socialista. Foi concelleiro na súa vila e deputado no Parlamento de Galicia desde a III lexislatura (1989) até a VI (2005).

No ano 2012 abandonou o BNG xunto cos seus compañeiros do Encontro Irmandiño. Pasou a militar en ANOVA-Irmandade Nacionalista, unha das organizacións que integrou a coalición Alternativa Galega de Esquerda nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012. Notas

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Cambados Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia