Francisco Bao Rodríguez máis coñecido como Sansón, nado en Lavadores (Vigo) o 20 de abril de 1924 e finado en Vigo o 13 de febreiro de 2012, foi un futbolista galego moi polivalente que xogaba na demarcación de defensa. Mantivo durante máis de 80 anos o récord de futbolista que debutou con menos idade na Primeira División Española, ata que a marca foi superada en 2020.

Traxectoria Formouse no Fútbol Club Vigués, que por aquel entón xogaba na segunda categoría do Campionato galego e actuaba como filial do Celta de Vigo, ata que na tempada 1939-40 sobe ao primeiro equipo pola súa gran fortaleza física, que lle granxeou o alcume de Sansón, para disputar a primeira tempada do club en Primeira División. Debutou o 31 de decembro de 1939 no campo do Sevilla FC aos 15 anos e 255 días, converténdose no xogador máis xove en debutar en Primeira División da historia da Liga española de fútbol, récord que se mantivo ata 2020, cando foi superado polo xogador do RCD Mallorca Luka Romero. Con todo, mantén a marca de titular de menos idade.

Porén en Vigo militaría so dúas tempadas ao ser demasiado xove para manter o nivel durante todo a campionato de liga. Sansón fichou pola Cultural y Deportiva Leonesa, coa que acada o ascenso a Segunda División.

En 1943 fichou polo Sporting de Xixón, co que en dúas tempadas ascende a Primeira División, ao ano seguinte pasa a militar ao Real Oviedo onde xogaría cinco tempadas sendo un xogador importante do equipo. En 1950 volve ao Celta, onde a súa mellor tempada foi a 1952-53 facéndose cun sitio no once titular. Porén en 1955 non acepta a oferta de renovación do Celta e ficha polo Xerez CD, onde se retirou con 31 anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes