El Eco del Miño foi un periódico bisemanal editado en Tui entre 1879 e 1883.
Historia e características Apareceu o 14 de agosto de 1879. Publicación de tendencia católico-tradicional-carlista foi fundado e dirixido por Luis Zamora Carrete, que aos dous meses foi substituído por Justo Salvador Cabezas. Entre os seus colaboradores figuraron Antonino Cerviño González, Enrique Sánchez Castillo, Javier Pimentel e Teodoro Sánchez Patiño. Ademais de información de carácter xeral, incluíu crónicas locais e variedades. Mantivo enfrontamentos cos periódicos vigueses La Concordia e Faro de Vigo, e El Anunciador de Pontevedra. Cesou a súa edición en xuño de 1883.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Tui Categoría:Prensa carlista Categoría:1879 en Galicia