Decca Records é un selo discográfico fundado no Reino Unido en 1929 por Edward Lewis. A súa filial estadounidense foi creada a finais de 1934; porén, debido á segunda guerra mundial, o lazo coa compañía británica rompeuse durante varias décadas.
O selo británico foi famoso polo desenvolvemento de métodos de gravación, mentres que a compañía estadounidense desenvolveu o concepto de "cast albums" dos musicais. Ámbalas dúas ramas forman agora parte do Universal Music Group, que é posuído por Vivendi, un conglomerado de empresas coa súa sede en Francia.
Véxase tamén Ligazóns externas Decca Records
Categoría:Discográficas do Reino Unido Categoría:Discográficas dos Estados Unidos de América