Uberlândia é a terceira cidade do Estado brasileiro de Minas Xerais, cuns 570.000 habitantes (IBGE 2004). Sitúase no oeste do Estado, no chamado Triángulo Mineiro.
Posúe o aeroporto de Minas Xerais, o 3º en movementos, e o 27º do Brasil en número de pasaxeiros transportados, con voos operando cara a São Paulo, Belo Horizonte, Goiânia, Brasilia, Ribeirão Preto, Uberaba, e para as capitais de estados do Nordeste brasileiro en alta temporada.
Economía A súa economía é predominantemente industrial, seguida polo polo sector de servizos, marcado pola actuación de grandes empresas grosistas, xa que a cidade se encontra localizada nunha rexión con fácil acceso por estrada a São Paulo (603 km, polas estradas BR-050 e SP-330), Ribeirão Preto (275 km), Brasilia (434 km) e ao interior do Brasil. É tamén marcada polo chamado agronegocio (gandería e plantación de soia, centros de almacenaxe, comercio e industrialización destes bens e dos seus subprodutos).
A cidade tamén está marcada pola presenza de universidades, tendo unha poboación universitaria de aproximadamente 30.000 estudantes, principalmente na Universidade Federal de Uberlândia (pública) e na Universidade do Triângulo - Unitri (particular).
Véxase tamén
Ligazóns externas Prefeitura Municipal de Uberlândia Universidade Federal de Uberlândia Unitri - Centro Universitario do Triángulo
Categoría:Cidades de Minas Xerais