"Charmless Man" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como cuarto e derradeiro sinxelo do seu cuarto álbum The Great Escape o 29 de abril de 1996. O tema acadou o posto número 5 da lista de sinxelos británicaCancións de Blur na lista británica de sinxelos..

En decembro do ano 1996 Damon Albarn dixo, "Charmless Man foi o final de algo... foi o final do pop británico. Polo menos para nós". Albarn tamén comentou que a canción sería axeitada para un musical.

A inspiración da canción chegoulle a Damon Albarn cando estaba visitando á súa avoa en Lincolnshire. El parou na estación de tren de Grantham e cando estaba dentro do baño de homes viu un anaco dun graffiti sobre un tema semellante ao título da canciónZoë Ball, BBC Radio 1 Breakfast Show, decembro de 1998.

Listaxe de cancións Toda a música composta por Albarn, Coxon, James e Rowntree. Todas as letras escritas por Albarn. 7" e casete "Charmless Man" "The Horrors"

CD "Charmless Man" "The Horrors" "A Song" "St Louis"

CDs europeos "Charmless Man" "The Man Who Left Himself" "Tame" "Ludwig"

Notas

Categoría:Sinxelos de 1996 Categoría:Cancións de Blur