O dos craniados (Craniata), ás veces denominado craniotas (Craniota), é un clado proposto do filo dos cordados, sen categoría taxonómica, que inclúe dous grupos viventes, os mixíns (Myxini) e os vertebrados (Vertebrata), que á súa vez comprende os hiperoartios (Hyperoartia) —entre eles as lampreas— e os gnatóstomos (Gnatostomata) ou vertebrados con mandíbulas.Campbell & Reece (2005), p. 676Cracraft & Donoghue (2004), p. 390 Abarca, por tanto, todos os animais con cranio, xa sexa este óseo ou cartilaxinoso, feito do que deriva o seu nome.
O termo craniados propúxose para substituír o antigo uso do termo vertebrados (vertebrados en sentido amplo). A principal diferenza entre a antiga e a nova interpretación de "vertebrados" é que os mixíns quedan fóra dos vertebrados en sentido estrito, xa que carecen de verdadeiras vértebras.Hickman, C. P., Roberts, J., Keen,L. S., S. L., Larson, A. & Eisenhour, D. J., 2007. Animal Diversity, Fourth Edition. New York: McGraw Hill. O termo Vertebrata debe usarse en sentido estrito para incluír só aos craniados con auténticas vértebras (lampreas e vertebrados con mandíbulas), tal como se pon de manifesto no seguinte cladograma:
O termo "Vertebrata", usado en sentido amplo, é sinónimo de "Craniata", e inclúe os mixíns, que non posúen auténticas vértebras; si usamos Vertebrata en sentido estrito (só os cordados con vértebras), debe excluirse dito grupo. Porén, hai evidencias que xustifican que os mixíns deben ser incluídos entre os vertebrados.Kuraku et al. (2000): "Monophyly of Lampreys and Hagfishes Supported by Nuclear DNA–Coded Genes". Biol Rev Camb Philos Soc. 75 (2):191-251. Resume
Características As principais características dos craniados son:Tree of Life, Craniata Consultada o 22/11/2012. Cranio inicialmente cartilaxinoso e fibroso. Cerebro dividido en cinco partes, rombencéfalo, metencéfalo, mesencéfalo, diencéfalo e telencéfalo, que se continúa posteriormente nunha medula espiñal. Con polo menos sete nervios craniais: nervio olfactorio (I), nervio óptico (II), nervio trixémino (V), nervio facial (VII), nervio auditivo (VIII), nervio glosofarínxeo (IX) e nervio vago (X). Presenza da liña lateral, órgano sensorial usado para detectar o movemento e a vibración da auga circundante (ausente nos amniotas). Presenza de hipófise. Presenza de aleta caudal (que desaparece nos tetrápodos). Aparello circulatorio composto por arterias, veas e capilares. Corazón en posición ventral con polo menos dúas cámaras, atrio (aurícula) e ventrículo. Con páncreas (inicialmente disperso ao longo da parte anterior do tubo dixestivo), glándula produtora de enzimas e hormonas (glicagón e insulina) que regulan o nivel de glicosa no sangue (glicemia). Con fígado con diversas funcións metabólicas, entre elas segregar bile Con riles, cuxa unidade funcional é o nefrón. Con polo menos un canal semicircular no oído interno
Árbore filoxenética Deuteróstomos Cordados Cefalocordados Olfactores Urocordados Craniados Myxini Vertebrados Petromizontiformes Gnatóstomos (vertebrados con mmadíbulas) Condrictios (peixes cartilaxinosos) Osteíctios (peixes óseos) Actinopterixios (peixes con aletas radiadas) Sarcopterixios (peixes conb naletas carnosas) Actinistios (celacanto) Ripidistios Dipneustos Tetrápodos Lisanfibios Amniotas Saurópsidos Anápsidos Testudines (tartarugas) Diápsidos Lepidosauria Sphenodontida (tuátara) Squamata (serpes) Archosauromorpha Crocodylia (crocodilos) Saurisquios Aves Sinápsidos (dos que derivaron os Mamíferos)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Campbell, Neil A. & Reece, Jane B. (2005): Biology, Seventh Edition. San Francisco CA: Benjamin Cummings. Cleveland P.; Hickman, J.; Roberts, L. S., Keen, S. L.; Larson, A. & Eisenhour, D. J. (2007): Animal Diversity, Fourth Edition. Nova York: McGraw Hill. Cracraft, Joel & Donoghue, Michael J. (2004): Assembling the Tree of Life. Nova York: Oxford University Press US. ISBN 978-0-19-517234-8. Donoghue, Phillip C. J.; Forey, Peter L. e Aldridge, Richard J. (2000): "Conodont affinity and chordate phylogeny". Biological Reviews 75 (2): 191–251. Resumo Hickman, C. P.; Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
Outros artigos Cordados Mixíns Vertebrados
Ligazóns externas Evolución e Filoxenia. Os Reinos da materia viva Consultada o 22/11/2012.
Categoría:Animais