O Kitchee Sports Club é un equipo de fútbol de Hong Kong que xoga na Primeira División de Hong Kong da que foi campión na tempada 2011-2012.

Foi fundado en 1931 e é un dos clubs máis antigos da rexión. Está adestrado polo catalán Josep Gombau e nos últimos anos teñen xogado nel varios futbolistas galegos, como Dani Cancela, Yago González, Pablo Couñago e Roberto Losada, así coma outros españois.

Losada foi o capitán na súa derradeira tempada como xogador, antes de retirarse e pasar a formar parte do corpo técnico do equipo.

Palmarés Primera División de Hong Kong Títulos (9): 1947–48, 1949–50, 1963–64, 2010–11, 2011-12, 2013–14, 2014–15, 2016–17, 2017–18 Sub-campionatos (8): 1952–53, 1954–55, 1956–57, 2003–04, 2006–07, 2008–09, 2012–13, 2015–16

Hong Kong Senior Challenge Shield Títulos (5): 1949–50, 1953–54, 1959–60, 1963–64, 2005–06 Finalistas (5): 1948–49, 1951–52, 1955–56, 2007–08, 2009–10

Hong Kong Copa FA Títulos (1): 2012-12 Finalistas (1): 2003–04

Copa da Liga de Hong Kong Títulos (3): 2005–06, 2006–07, 2011-2012

Hong Kong Community Shield Títulos (1): 2009

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ktchee SC en www.transfermarkt.com

Categoría:Equipos de fútbol de Hong Kong