O termo tiburón pode designar a: Tiburón, denominación xenérica de certos peixes cartilaxinosos elasmobranquios, tamén chamados quenllas ou escualos. Tiburóns serra, denominación xenérica dos peixes elasmobranquios selaquimorfos pertencentes á orde dos pristioforiformes. Tiburóns anguía, denominación xenérica dos peixes elasmobranquios selaquimorfos pertencentes á familia dos clamidoseláquidos, especialmente do tiburón anguía propiamente dito, a especie Clamydoselachus anguineus. Tiburón branco, a especie Carcharodon carcharias, tiburón da famila dos lámnidos. Tiburón raposo, un dos sinónimos do raposo do mar, a especie Alopias vulpinus. Tiburón'', película de terror, dirixida por Steven Spielberg, sobre un tiburón branco devorador de homes. Tiburón, petroleiro liberiano de tripulación galega que foi afundido en augas do golfo Pérsico en 1984.