Florentino Rodríguez Palacios, nado en Caborana (Ayer) en 1896 e finado en Aranga o 23 de setembro de 1936, foi un político asturiano.

Traxectoria Militante socialista, estivera na cadea na súa mocidade a consecuencia da folga xeral de 1917. Despois foi candidato socialista nas eleccións municipais de Ayer en 1920 e foi un dos asistentes ao congreso mineiro celebrado en xaneiro de 1922 en Mieres. Foi alcalde socialista de Ayer de 1932 a 1936. En xaneiro de 1936 foi xulgado pola súa participación na revolución de outubro de 1934, e condenado á pena de doce anos e un día de prisión. Foi detido na noite do 21 ao 22 de setembro de 1936 en Mondoi (concello de Oza dos Ríos), onde residía accidentalmente, por dous homes que se identificaron como axentes da autoridade.

O seu cadáver apareceu na mañá do 23 de setembro de 1936 na estrada de Castela (actual N-VI) en Aranga, morto por disparos. Foi soterrado no cemiterio de Vilarraso e inscrito no Rexistro Civil de Aranga como descoñecido. En decembro de 1940 María López Lendoiro identificou ao morto como o seu marido Florentino Rodríguez Palacios.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Marcial Villaverde Viqueira Ligazóns externas A represión en Aranga Florentino Rodríguez Palacios: Alcalde de Ayer

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ayer Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Alcaldes de Asturias