Manuel Ramos Escariz, nado en Santiago de Compostela o 28 de marzo de 1912 e finado en Grandas de Salime o 29 de outubro de 1937, foi un sindicalista e militar galego.

Traxectoria Veciño de Cariño, foi militante do Sindicato de Industria Pesquera da CNT de Cariño en 1936. Participou na resistencia en Cariño ata o 23 de xullo, cando escapou no vapor Arkale con dirección a Francia, xunto aos cadros máis destacados da CNT de Cariño. En Asturias participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica e enrolouse no Batallón Galicia, do que foi elixido Comisario político da 4º Compañía. Foi fusilado en Grandas de Salime o 29 de outubro de 1937.

Véxase tamén Ligazóns externas El Batallón Galicia nº 19

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Militares de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados