Os Milagres do Medo é un lugar da parroquia de Vide no concello ourensán de Baños de Molgas, situado na comarca de Allariz - Maceda. Destaca polo Santuario da Nosa Señora dos Milagres, un dos centros de peregrinación máis importantes de Galicia.
Segundo o INE e o IGE, en 2011 tiña 11 habitantes.
Patrimonio O Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo é un templo relixioso situado no monte do mesmo nome. Celebra a súa romaría o 8 de setembro.
Do templo primitivo consérvase unha lanterna situada nos xardíns do santuario. A igrexa actual foi construída por orde do bispo de Ourense, e foi rematada en 1771. Foi coroada en 1963 polo papa Paulo VI, sendo declarada Monumento Histórico Artístico Nacional en 1982.
Está rodeada dunha balaustrada, e ten catro torres. Ten tres entradas con cadanseu fornelo, adicadas á Virxe María e os seus pais, San Xoaquín e Santa Ana nos laterais. O templo ten planta de tres naves separadas por columnas. No exterior hai sete capelas con escenas do Via Crucis. Desde 1869 está a cargo da orde dos Padres Paúles (1929): El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros (apuntes históricos). Madrid: Librería Puga.. O investigador Elixio Rivas Quintas residiu aquí.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Vide
Parroquias de Baños de Molgas
Categoría:Lugares de Baños de Molgas Categoría:Baños de Molgas poboación 2011