O Goberno da Rioxa é, xunto ao Parlamento e ao presidente rexionais, un dos tres órganos institucionais da comunidade autónoma da Rioxa (España). Componse do presidente autonómico, o vicepresidente ou vicepresidentes, no seu caso, e os conselleiros.
Funcións O Goberno da Rioxa exerce o poder executivo e a administración da comunidade autónoma. As súas funcións detállanse no artigo 24 do Estatuto de Autonomía. En particular: Exerce a potestade regulamentaria que non pertence ao Parlamento. Interpón recursos ante o Tribunal Constitucional. Executa as funcións que se deriven do ordenamento xurídico estatal e rexional.
Estrutura A estrutura do goberno é variable, xa que corresponde ao presidente designar o número e composición do mesmo. A estrutura actual (2011) é: CargoNomePresidente Pedro Sanz AlonsoConsellería de Presidencia e Xustiza Emilio del Río SanzConsellería de Administración Pública e Facenda María Concepción Arruga SeguraConsellería de Obras Públicas, Política Local e Territorial Antonino Burgos NavajasConsellería de Educación, Cultura e Turismo Gonzalo Capellán de MiguelConsellería de Agricultura, Gandería e Medio Ambiente Íñigo Nagore FerrerConsellería de Saúde e Servizos Sociais José Ignacio Nieto GarcíaConsellería de Industria, Innovación e Emprego Javier Erro Urrutia
Sede A sede do Goberno da Rioxa atópase na antiga Deputación Provincial, no centro de Logroño.
Notas
Véxase tamén Parlamento da Rioxa Presidente da Rioxa Estatuto de Autonomía da Rioxa
Ligazóns externas Sitio oficial do Goberno da Rioxa
Categoría:Política da Rioxa Rioxa