O oganesson é un elemento sintético da táboa periódica con símbolo químico Og e número atómico 118. Este pode formar parte dos gases nobres.
Foi recoñecido definitivamente pola IUPAC o 28 de novembro de 2016, séndolle asignado o nome en inglés Oganesson en memoria do físico ruso Yuri Oganessian.
Descubrimento En 1999, os físicos nucleares estadounidenses do Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley declararon que conseguiran producir tres átomos dun elemento superpesado con número atómico 118, novo elemento que recibiu provisionalmente o nome de Ununoctio e o símbolo Uuo. Meses despois tiveron que retractarse desta afirmación, cando se confirmou que algúns dos datos empregados na investigación foran falsificados.
En 2006, porén, parece que o descubrimento e illamento do elemento 118 é real. Nace do esforzo de colaboración dos investigadores do laboratorio Livermore e do Instituto de Investigación Nuclear Joint de Dubna, en Rusia. Baseados en datos de experimentos realizados en 2005, cando bombardearon un albo de californio cun raio de calcio de 48 ión, os físicos percibiron cadeas de decaimento alfa que só poderían existir se houbese un elemento 118.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Oganesson Categoría:Elementos químicos sintéticos