O Gran Premio de Italia de Fórmula 1 de (formalmente o XXXVI Gran Premio d'Italia) celebrouse en Monza o 12 de setembro de 1965.

A carreira, que foi a oitava rolda da tempada de Fórmula Un de , foi gañada por Jackie Stewart, quen logrou a súa primeira vitoria nun Gran Premio, pilotando para o equipo BRM. O seu compañeiro de equipo, Graham Hill, terminou segundo logo dunha carreira moi rifada entre ambos e Jim Clark, que pilotaba un Lotus - Climax, e que conseguira o Campionato de pilotos de 1965 na carreira anterior. A súa bomba de combustible fallou a varias voltas do final, a retirada do Ferrari de John Surtees, asegurou a Dan Gurney do equipo Brabham - Climax unha posición final no podio.

Informe da carreira Jim Clark loitou polo liderado nos dous primeiros terzos da carreira con Graham Hill, Jackie Stewart e John Surtees (que se retirou con problemas de embrague), ata a volta 64 cando a súa bomba de combustible fallou. Stewart tomou a iniciativa e esperábase que ía deixar pasar ao seu xefe de equipo. A entusiasta multitude esperaba ver pasar aos dous BRM sobre a liña de meta en formación. Pero, na aproximación á Parabólica na última volta, Hill achegouse demasiado e foi polo céspede, loitando por manter a adherencia no barro e a grava. Polo tanto, Stewart logrou a súa primeira vitoria nun dobrete de BRM con Hill. Dan Gurney logrou o podio final e Lorenzo Bandini, Bruce McLaren e Richard Attwood completaron os puntos. A carreira tivo 40 cambios de líder entre os catro pilotos (todos británicos), probablemente a maior cantidade nunha carreira de Fórmula Un.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 32 Jackie Stewart BRM 76 2:04:52.8 3 9 2 30 Graham Hill BRM 76 +3.3 segs 4 6 3 12 Dan Gurney Brabham-Climax 76 +16.5 segs 9 4 4 4 Lorenzo Bandini Ferrari 76 +1:15.9 5 3 5 16 Bruce McLaren Cooper-Climax 75 +1 volta 11 2 6 40 Richard Attwood Lotus-BRM 75 +1 volta 13 1 7 42 Jo Bonnier Brabham-Climax 74 +2 voltas 14 8 18 Jochen Rindt Cooper-Climax 74 +2 voltas 7 9 38 Innes Ireland Lotus-BRM 74 +2 voltas 18 10 24 Jim Clark Lotus-Climax 63 Bomba gasolina 1 11 26 Mike Spence Lotus-Climax 62 Alternador 8 12 6 Nino Vaccarella Ferrari 58 Motor 15 13 50 Roberto Bussinello BRM 58 Presión aceite 21 14 20 Richie Ginther Honda 56 Encendido 17 Ret 14 Denny Hulme Brabham-Climax 46 Suspensión 12 Ret 46 Frank Gardner Brabham-BRM 45 Motor 16 Ret 44 Jo Siffert Brabham-BRM 43 Caixa de cambios 10 Ret 28 Geki Lotus-Climax 37 Caixa de cambios 20 Ret 8 John Surtees Ferrari 34 Embrague 2 Ret 22 Ronnie Bucknum Honda 27 Encendido 6 Ret 48 Masten Gregory BRM 22 Caixa de cambios 23 Ret 10 Giancarlo Baghetti Brabham-Climax 12 Motor 19 Ret 52 Giorgio Bassi BRM 8 Motor 22

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Jim Clark 54 10px 2 Graham Hill 34 (38) 10px 3 Jackie Stewart 33 (34) 10px 4 John Surtees 17 10px 5 Dan Gurney 13

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Lotus-Climax 54 10px 2 BRM 42 (52) 10px 3 Ferrari 24 10px 4 Brabham-Climax 19 10px 5 Cooper-Climax 13

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas Líderes por volta: Jim Clark 19 voltas (1-2, 4, 7, 10, 18, 21, 27, 33-36, 38, 44, 46, 51, 53-54, 57); Graham Hill 13 voltas (3, 5, 25-26, 28, 40, 45, 50, 55-56, 70-71, 73); Jackie Stewart 43 voltas (6, 8-9, 11-14, 16-17, 19-20, 22-24, 29-32, 37, 39, 41-43, 47-49, 52, 58-69, 72, 74-76); John Surtees 1 volta (15). Única aparición nun Gran Premio de: Giorgio Bassi. Derradeiro Gran Premio para: Roberto Bussinello, Masten Gregory e Nino Vaccarella. Primeira vez: Jackie Stewart (vitoria); Richard Attwood (puntos).

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Italia Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1