O termo Xesta pode referirse a:
Nome común de multitude de arbustos e gamallos que poden atoparse en Galicia, principalmente de dous xéneros: Xénero Cytisus: Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar. xesta de Ons é un endemismo exclusivo da Illa de Ons, Sálvora e Vionta. Descrita no ano 2001; Cytisus scoparius (L.) Link, xesta brava, a máis común. Outros nomes: xesta, xesta de vasoiras, xesta mansa, xesta amarela, xesta molar, xesta moura; Cytisus striatus (Hill) Rothm, xesta molar, xesta mansa, xesta femia, xesta moura, abundante en Pontevedra e Ourense, estrías nas pólas e legumes aveludados; Cytisus multiflorus, xesta branca, as flores son brancas, común nas zonas altas de Lugo e Ourense; Cysitus ingramii, do norte de Galicia, flores en dous tons de amarelo. Xénero Genista (coñecidos máis ben coma piornos): Genista berberidea Lange, xesta das brañas, en terreos lamacentos, turbeiras, endémica galega e do norte de Portugal. Distinguible polas follas trifoliadas, alternas glaucas, co nervio medio moi marcado e rematado nun pincho, e cos dous folíolos laterais transformados en espiñas; Genista triacanthos, tamén de brañas, turbeiras. Flores alaranxadas e numerosas espiñas magras de 0,4 a 2 cm.; Genista florida L., piorno, xesta pudia, xesta branca (non é branca): Genista florida sbsp. polygaliphylla, piorno, sen espiñas; Genista micrantha Ortega, sen espiñas, moi miúda, en prados e queiroais, flores amarelas en acios terminais; Genista falcata, piorno falcata; Genista tinctorea, xesta tintureira; Genista hystrix, piorno espiñento; Genista sanabrensis, miúdo piorno espiñento, endemismo dos montes de Zamora, León e Pena Trevinca en Galiza; Genista anglica, na metade sur de Galicia, espiñenta nas súas pólas vellas pero sen espiñas nas máis novas, inflorescencias en acios curtos terminais de 5 a 15 flores sen peluxe, igual que os legumes; Genista obtusiramea, xesta de montaña, por riba dos 1400 m, gamallo sen espiñas de até 1 m de altura, e gran número de nós marcando as follas caídas, flores amarelas con estandarte e froitos aveludados.
Nomes comúns: Xesta branca, xesta coa flor branca; normalmente a especie Cytisus multiflorus. A especie Genista florida ten vaíñas con pelos brancos por iso tamén se lle chama xesta branca. Ás veces a especie Osyris alba; Xesta negra, xesta negral , xesta coa flor amarela escura; Xesta rubia, xesta coa flor amarela; Xesta limesa, variedade de xesta coa flor amarela.
A formación de xestas denomínase xesteira ou xestal.
Ferramenta Xesta, utensilio para varrer, vasoira tradicional feita con feixes de xestas, buxo ou xibardas.
Fazaña Xesta, feito heroico, fazaña.
Peza Xesta, peza de madeira usada nos muíños para nivelar o pé. Organizacións
Xesta, organización anarquista galega.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza Xesta, parroquia do concello da Lama; Xesta, lugar da devandita parroquia; A Xesta, parroquia do concello de Lalín: A Xesta, lugar de devandita parroquia; O Fondo da Xesta, lugar de devandita parroquia; A Xesta, lugar da parroquia de Quende, no concello de Abadín; A Xesta, lugar da parroquia de Armentón, no concello de Arteixo; A Xesta, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Crecente; A Xesta, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa; A Xesta, lugar da parroquia de Soutullo, no concello da Laracha; A Xesta, lugar da parroquia de San Xoán do Alto, no concello de Lugo; A Xesta, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros; A Xesta, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza Cesuras; A Xesta, lugar da parroquia de San Mamede de Ferreiros, no concello do Pino; A Xesta, lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo.
Véxase tamén Outros artigos