O peixe porco,Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 43.Rodríguez Villanueva et al. (1992):, p. 70.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 188. Oxynotus centrina, é unha especie de peixe elasmobranquio escualiforme da familia dos oxinótidos (Oxynotidae).

Descrición As principais características do peixe porco son: Corpo denso, e moi alto, de sección triangular, co dorso prominente, cuberto dunha pel moi grosa e áspera. É un tiburón, non superando os 150 cm de lonxitude. Cabeza pequena e aplanada.Terofal, F. e Militz, C. (2005): Peces de Mar. Barcelona: Editorial Blume. ISBN 84-8076-268-3, p. 290. Fociño curto, coa boca de pequeno tamaño e de forma ovalada, armnada de dentes lanceolados dispostos en varias series.Corbera, J.; Sabatés, A. e Garcia-Rubies, A. (1996): Peces de Mar de la Península Ibérica. Barcelona: Ed. Planeta. ISBN 84-08-01799-3, p. 314. Espiráculo grande, alongado verticalmente, de forma oval ou de lúa crecente. Dúas aletas dorsais altas, con forma de velas e con senllas espiñas diante, case totalmente envolvidas pola pel. Aletas ventrais opostas á segunda aleta dorsal. Sen aleta anal. coloración que vai da gris escura á gris apardazada en todo o corpo, con pequenas manchas escuras, a xeito de erupcións na cabeza e no lombo; unha liña horizontal, non ben marcada, separa as áreas escuras na cabeza; outras, cruzan as meixelas por debaixo dos ollos.

Hábitat e bioloxía É un animal mariño propio do mar Mediterráneo (falta no mar Negro) e do océano Atlántico oriental desde as costas de Noruega até Suráfrica. Raro no mar do Norte setentrional.Muus et al. (1998), p. 59. A súa presenza nas costas de Mozambique é dubidosa.Bradaï, M. N.; Serena, F. e Bianchi, I. (Mediterráneo) e Ebert, D. A. (Suráfrica) (2007): Oxynotus centrina na Lista vermella da IUCN.

Encóntrase en fondos coralinos e fangosos da plataforma e do continentais, principalmente entre os 100 e os 200 m de profundidade, aínda que se rexistron individuos até unha profundidade de 800 m.

É unha especie de hábitos solitarios que adoita nadar lentamente. é ovovivíparo. A fecundación ten lugar en xaneiro e as crías nacen uns 3 meses máis tarde. As camadas compóñense de 7-8 crías, que ao nacer miden entre 21 e 24 cm.

Hai poucos estudos sobre a súa alimentación e só Compagno cita que se alimenta de vermes poliquetos;Compango et al. (1984) pola súa parte Terofal et al. afirman que a súa alimentación componse de animais de todo tipo do fondo mariño.

Estado de conservación Segundo a IUCN, o status de conervación do peixe porco, no ano 2007, era de VU (especie vulnerábel).Oxynotus centrina na Lista Vermella da IUCN.

En Galicia O peixe porco é unha especie relativamente frecuente en augas próximas á nosa comunidade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Compango, J. L. V. (1984): Sharks of the World. An annotated catalog of shark especies known to date. Roma: FAO. Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Ríos Panisse, M. C. (1997): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos Tiburóns Escualiformes Oxinótidos Ligazóns externas Ampla información sobre o peixe porco en FishBase. Consultada o 16/12/2012.

Categoría:Escualiformes Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1758