O termo árbore pódese referir a:

Botánica Árbore, planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.

Tipos: Árbore ornamental Árbore froiteira Árbore forestal Árbore de Nadal Árbore senlleira

Especies: Árbore da vida (Thuja orientalis) Árbore da rabia (sangomiño) Árbore de fume (Cotinus coggygria) Árbore do amor Árbore do nim Árbore das tulipas Árbore da cola (Cola acuminata) Árbore do pan Árbore do ceo Árbore do paraíso Árbore da laca (Butea monosperma). Árbore do caucho: Ficus elastica Hevea brasiliensis Árbore das bruxas, castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum) Árbore de Santo Outelo, árbore de Santo Eutelo, cinamomo (Melia azedarach). Árbore de Xúpiter (Lagerstroemia indica) Árbore dos amorodos, (Cornus capitata) Árbore do fogo, (Metrosideros excelsa) Árbore da seda, (Albizia julibrissin).

Exemplos de árbores de sona: Árbore de Gernika, árbore sagrada vasca. Árbore Branca de Gondor, árbore imaxinaria do Universo Tolkien. Árbore do Teneré, a árbore máis illada do mundo. Árbore da vida, árbore artificial do parque Disney World.

Representación Gráfico descritivo que segue a estrutura típica dunha árbore, coma: Árbore en teoría de grafos, un grafo conexo sen ciclos; Árbore en programación, unha estrutura de datos baseada na estrutura topolóxica; Árbore filoxenética (ou ábore da vida), unha representación das relacións evolutivas entre varias especies ou outras entidades que se cre que teñen unha ascendencia común; Árbore xenealóxica, figura en forma de árbore onde se detallan os nomes dos individuos dunha ou máis familias pertencentes a un tronco común e onde se describen de maneira gráfica as relacións de ascendencia ou descendencia existentes entre eles.

Mecánica Chámase árbore ou eixo ao elemento empregado para transmitir un movemento de rotación, coma: Árbore de transmisión, todo obxecto axisimétrico especialmente deseñado para transmitir potencia; Árbore de hélice, nun barco a árbore de transmisión entre o motor e a hélice; ou a Árbore de levas, eixo que fai xirar unha ou máis levas, destinado a transmitir o movemento a unha máquina.

Náutica Árbore, poste de madeira ou de ferro, colocado en posición vertical nun barco, que sostén as velas e, nos barcos modernos, as antenas de radio, os focos etc. Mastro, pau.

Anatomía Árbore bronquial, conxunto formado polos bronquios coas súas ramificacións. Árbore respiratoria. Árbore traqueobronquial.

Outros Árbore, colección da Editorial Galaxia.

Véxase tamén A árbore na cultura popular galega