Eliseo Ruiz de Cortázar, máis coñecido como Cuco, nado en Ferrol o 8 de marzo de 1931 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 1978, foi un crego próximo ao movemento obreiro.

Traxectoria Estudou a carreira de perito mercantil e comezou a traballar na empresa da súa familia no porto de Ferrol. Posteriormente licenciouse en Filosofía e Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca . Ordenouse sacerdote o 15 de xullo de 1962 e volveu a Ferrol, onde exerceu en Santa Marta de Ortigueira e na concatedral de San Xiao de Ferrol.

En 1970 trasladouse a Madrid, onde se fixo cargo da Consellería Nacional da JOC, e regresou a Galicia en 1974. Exerceu principalmente en San Xiao, que era a súa parroquia natal e en San Pío X de Caranza, ata a súa morte por unha doenza hepática o 23 de abril de 1978, aos 47 anos de idade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Eliseo Ruiz

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes