Alexander Gottlieb Baumgarten, nado en Berlín o 17 de xullo de 1714 e finado en Frankfurt an der Oder o 27 de maio de 1762, foi un filósofo alemán. O seu irmán foi o teólogo Siegmund Jakob Baumgarten (1706-1757).

Traxectoria Baumgarten naceu en Berlín, o quinto dos sete fillos do pastor pietista da milicia local, Jacob Baumgarten, e da súa esposa, Rosina Elisabeth. Ambos os pais finaron cando aínda era moi novo. Foi educado por Martin Georg Christgau, quen lle ensinou o hebreo e o interesou pola poesía latina.

En 1733, namentres cursaba os seus estudos superiores na Universidade de Halle, asistiu ás aulas sobre a filosofía de Christian Wolff impartidas por Peter Reusch na Universidade de Jena.

Foi profesor en Halle dende 1737 e en Frankfurt an der Oder dende 1740.

Pensamento Malia que o significado das palabras adoita mudar como resultado de diferentes desenvolvementos culturais, a reavaliación do termo "estética" realizado por Baumgarten adoita considerarse un momento esencial no desenvolvemento da estética como disciplina filosófica. Con anterioridade, esta palabra tiña só o sentido de "sensibilidade" ou "resposta dos sentidos perante os estímulos". Co desenvolvemento da arte como empresa comercial, ligado ao ascenso dos novos ricos en Europa, a compravenda de pezas artísticas conduciu inevitablemente á pregunta "cal é a arte boa?". Baumgarten creou a estética como medio de estudo do gusto artístico, que permite distinguir a arte boa da mala, ligando á primeira coa beleza.

Xa que logo, na súa obra Aesthetica (2 vol., 1750-8), foi o primeiro en establecer a estética como disciplina filosófica. Foi seguidor das teorías de Gottfried Wilhelm Leibniz e Christian Wolff.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filósofos de Alemaña Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1714 Categoría:Finados en 1762