Joseph Edward Murray, nado o 1 de abril de 1919 en Milford (Massachusetts) e finado o 26 de novembro de 2012 en Boston, (Massachusetts), foi un cirurxián e profesor estadounidense galardoado co Premio Nobel de Medicina no ano 1990.
Traxectoria Realizou o primeiro transplante de órganos en humanos no ano 1954 en Boston, ó implantar un ril dun irmán xemelgo noutro, mais o paciente morreu once días despois porque o seu corpo rexeitou o órgano.
Tamén foi membro da Academia Pontificia das Ciencias dende o 30 de maio de 1996. Joseph faleceu o 26 de novembro de 2012 por mor dun fallo vascular cerebral.
Véxase tamén Ligazóns externas Premio Nobel Autobiografía en NobelPrize.org Páxina de Joseph Edward Murray na Universidade de Harvard
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Worcester, Massachusetts Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Cirurxiáns dos Estados Unidos de América